ESQUERDA UNIDA PROPÓN A JOSÉ CUEVAS PARA ENCABEZAR A CANDIDATURA DE CONVERXENCIA NA QUE PARTICIPARÁ EN NIGRÁN

JOSÉ CUEVASA asemblea local de Esquerda Unida en Nigrán, na que participaron os afiliados e simpatizantes inscritos, elixiu ao actual coordinador local, José Cuevas Raposo, como candidato á alcaldía de Nigrán nas próximas eleccións municipais do mes de maio.

A elección por parte da asemblea de José Cuevas como alcaldable debeuse tanto ao coñecemento que ten do Concello de Nigrán, como por ser a persoa que coordinou o traballo político realizado por Esquerda Unida en Nigrán, nestes catro últimos anos.

José Cuevas Raposo, activista estudantil na súa etapa universitaria, incorporouse a Esquerda Unida hai 4 anos e actualmente participa na plataforma en defensa da sanidade pública.

José Cuevas Raposo, cunha longa experiencia laboral nas administracións públicas é Técnico da Función Administrativa do SERGAS, traballa actualmente como Técnico de Prevención de Riscos Laborais no Hospital Xeral de Vigo.

A José Cuevas tamén se lle encargou establecer contactos con outras forzas políticas, colectivos sociais e persoas independentes, de cara a formar unha candidatura de confluencia sobre as bases programáticas e código ético recentemente presentadas. José Cuevas sería a proposta de Esquerda Unida para encabezar dita candidatura.

Advertisement

ESQUERDA UNIDA DE NIGRÁN PIDE A RETIRADA DA MODIFICACIÓN DE TAXAS DE CONEXIÓN DE SANEAMENTO POR FOMENTAR A DESIGUALDADE SOCIAL E SER PREXUDICIAL PARA O MEDIO AMBIENTE

Esquerda Unida denuncia un maior coste para vivendas de Nigrán que non teñan saneamento e soliciten a súa conexión á rede municipal de saneamento, que pode chegar até o 160%, na taxa de conexión á rede de saneamento, segundo se desprende das declaracións do Alcalde.

Para Esquerda Unida, esta suba é especialmente grave, xa que se tomamos o tamaño da vivenda como indicador da capacidade económica das familias, o proxecto anunciado polo Goberno Municipal rebaixaría a dita taxa case nun 50% ás vivendas de mais de 150 m2, que son do 30% da poboación con mais recursos mentres que, polo contrario, produciría un aumento para o 70% das familias con menos recursos, que nalgúns casos pode chegar ao 160% de incremento no importe da taxa.

En concreto, as medidas propostas polo actual Alcalde para aumentar a desigualdade social e prexudicar o medio ambiente leva consigo que unha vivenda unifamiliar de 120 m2 pase de pagar 397,02 euros a 399,00 euros, unha de 90 m2 pase de 297,90 euros a 399,00 euros e unha de 60 m2 de 198,60 euros a 399,00 euros (mais do dobre). A todas as vivendas unifamiliares de menos de 120 m2 se lles sube a taxa por conexión, o que supoñen a maioría das vivendas ocupadas de Nigrán.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida de Nigrán, esta proposta pon de manifesto a política fiscal do PP, que consiste en subirlle os impostos a quen menos recursos ten e ao mesmo tempo rebaixarllos a quen mais ten, aumentando así as desigualdades sociais.

Sinala José Cuevas que para Esquerda Unida as taxas e os impostos son unha cuestión de vital importancia para o financiamento dos servizos públicos e como elemento para combater a desigualdade mediante a redistribución da riqueza. Por esta razón, as modificacións das Ordenanzas Fiscais deben ser tratadas dun xeito serio, e non erraticamente, con cambios de criterio, como ocorreu coa taxa de entradas de vehículos, sen electoralismos e medias verdades.

Lembra José Cuevas que durante este mandato o actual Alcalde fixo os maiores aumentos de impostos da historia de Nigrán, que poden chegar a supoñer que moitas  familias cheguen a pagar entre 60 e 70 euros mais que cando Alberto Valverde chegou ao Concello. Por iso, José Cuevas pídelle que deixe de facer electoralismo anunciando rebaixas de tributos que son selectivos, beneficiando especialmente a determinados negocios ou ás persoas con mais recursos económicos.

Por último, Esquerda Unida pide ao Alcalde que retire as modificacións das taxas de conexión que ten previsto levar ao pleno deste mes, tendo en conta que até o ano 2016 non entrarían en vigor ditas modificacións, e que deixe á próxima Corporación que aborde as modificacións das taxas e impostos con rigor, sen demagoxias e medias verdades.

PRESENTACIÓN DAS BASES DO PROGRAMA DA CANDIDATURA DE CONVERXENCIA NA QUE PARTICIPARÁ ESQUERDA UNIDA EN NIGRÁN

O próximo sábado día 7 de febreiro ás 20:00 horas, no local da Asociación de Veciños “A Unión” de A Ramallosa, Esquerda Unida fará un acto público no que presentará as bases do programa da candidatura de converxencia na que participará nas próximas eleccións municipais en Nigrán. Para a elaboración do programa Esquerda Unida invita a participar a toda a cidadanía e colectivos sociais como poden ser as asociacións de veciños, organizacións medioambientais, culturales e deportivas, etc.

Para Esquerda Unida o programa é fundamental na elaboración dunha candidatura, xa que deberá ser un acordo coa cidadanía, un compromiso de acción institucional e unha fórmula de control democrático que permita fiscalizar a acción dos representantes da candidatura. É por elo polo que a candidatura de converxencia da que forme parte Esquerda Unida non se limitará a ser unha sopa de siglas ou de persoas, que só estean unidas contra o PP e o PSOE, se non que terá que basearse no proxecto para Nigrán que se queira levar a cabo. A candidatura de converxencia deberá formar un equipo de traballo sólido e homoxéneo, aínda que integrando diversas sensibilidades políticas, colectivos sociais e persoas independentes.

No acto tamén se fará un balance do goberno municipal e a oposición nesta lexislatura, con especial referencia a actividade realizada por Esquerda Unida.

ESQUERDA UNIDA SORPRENDESE DO DESCOÑECEMENTO DO ALCALDE DE NIGRÁN EN MATERIA DE SUBVENCIÓNS

Esquerda Unida mostrase sorprendido do descoñecemento do Alcalde en materia de subvencións no Concello de Nigrán. Se ben é verdade que existe unha Ordenanza Xeral de Subvencións a entidades sen animo de lucro do Concello de Nigrán do ano 2005, de cuxa existencia e do seu contido é coñecedora Esquerda Unida, ésta non cubría na súa totalidade os aspectos recollidos na proposta de Esquerda Unida.

Lembra Esquerda Unida que a súa proposta ía encamiñada para que todas as subvencións foran concedidas polo Concello de Nigrán en réxime de concorrencia competitiva, excepto as directas de axuda social cando se consideren urxentes, previo informe social favorable, e que non superen a contía de1.000 euros, non recollida esta excepción na mosión presentada.. O outro aspecto que recollía a proposta de Esquerda Unida era que todas as bases que rexerán as correspondentes covocatorias deberán ser aprobadas, en todo caso, polo pleno da corporación.

José Cuevas Raposo, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán lle recomenda ao Alcalde que se dedique a leer a normativa de subvencións e en xeral a de transparencia, en vez de criticarnos a nos ou dicir que preside un goberno moi transparente. Lembra Esquerda Unida que actualmente estase a incumprir a lei de contratos en materia de publicidade. O único que fai Esquerda Unida son porpostas para mellorar o funcionamento, a participación e a transparencia do Concello, cousa que parece que lle molesta moito.

Estes aspectos non estaban recollidos na actual ordenanza, tal como se recolle no segundo paragrafo do artigo 4 no que se permitía a excepción a convocatoria en réxime de concorrencia, cousa que coa actual mcoón aprobada non se permite, sempre e cando sexa cumprida.

Por outra parte no artigo 9 de dita ordenanza indicase que “O órgano competente para a resolución do procedemento deberá aprobar as bases específicas que van a rexila. Como se indica na base 15 das bases de execución orzamentaria dos orzamentos do Concello de Nigrán para o ano 2015 indican textualmente que llle corresponde ao Alcalde “A concesión de todas as subvencións que teñan no orzamento consignación específica ou nominativa, ou, se a consiganción é global, sempre que a cantidade outorgada por beneficiario non supere os 18.000 euros”. Nesa mesma base indicase que lle corresponde ao pleno “O outorgamento de subvencións con cargo á consignación global contida no orzamento, sempre que a contía por beneficiario supere os 18.000 euros”

Coa actual moción todas as bases deben ser aprobadas polo Pleno do Concello independente de quen conceda a subvencións, e actualmente as bases podrían ser aprobadas polo Alcalde, xa que segundo as bases oramentarias é el o que as concede para quelas menores de 18.000 euros.

ORDENANZA XERAL DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE NIGRÁN

Lamentamos non poder publicar as bases orzamentarias que demostran o afirmado, aínda que próximamente se publicarán nesta blog

APROBADAS DÚAS PROPOSTAS DE ESQUERDA UNIDA NO PLENO DE XANEIRO

No pleno do Concello de Nigrán celebrado o pasado día 27 de xaneiro de 2015 foron aprobadas dúas propostas de Esquerda Unida para aumentar de transparencia respecto ao orzamento e a concesión de subvencións, que no seu momento foran presentara como alegacións ao orzamento de Nigrán. Este feito ven a demostrar a oposición con rigor que leva facendo Esquerda Unida desde hai tres anos en Nigrán, xa que non é a primeira vez que propostas súas son asumidas pola corporación.

Transparencia nos orzamentos

A primeira delas, que foi aprobada por unanimidade, versa sobre a publicación na páxina web do concello de todas as modificacións orzamentarias. Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, debido ao cambio de circunstancias nas que se presenta, leva consigo que tamén sexa necesaria a publicación do orzamento, dado que se non se coñece o orzamento non se vai a saber o alcance das modificacións que se aproben. Esquerda Unida lle solicita ao goberno municipal que tamén publique na páxina web o orzamento.

Transparencia nas subvencións

A outra proposta de Esquerda Unida aprobada, que foi levada como moción polo PSOE, pedía que todas as subvencións que se concedan por parte do Concello foran convocadas sempre por concorrencia competitva e que as bases foran aprobadas polo pleno da corporación. Esquerda Unida lamenta que a proposta orixinal fora mutilada no referente á participación dos colectivos sociais na elaboración destas bases. Para José Cuevas, hai que crer na participación da cidadanía na toma de decisións do concello, e non dicir que se vai a facilitar a participación, para despois non incluíla nas iniciativas que se presenten.

Esta moción supón un avance importante para evitar posibles prácticas caciquís, das que non son alleos os gobernos de Nigrán, xa que tanto no segundo paragrafo do artigo 4 ordenanza xeral de subvencións a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Nigrán, como o artigo 19.4.c da lei de subvencións de Galicia, preveen a excepción da convocatoria en réxime de concorrencia.

ESQUERDA UNIDA LLE PIDE AO ALCALDE DE NIGRÁN QUE ASUMA AS SÚAS RESPONSABILIDADES

Para Esquerda Unida , a acusación que nos fai ao alcalde de Nigrán dunha “estratexia para entorpecer a posta en vigor do orzamento”, mostra a forma de entender a democracia do alcalde e do Partido Popular, xa que para eles, o exercicio de dereitos por parte da cidadanía é un problema para levar a cabo a súa xestión. Esquerda Unida lle pide ao Alcalde que asuma as súas responsabilidades por ter aprobado inicialmente e envíado o anuncio de aprobación inicial do orzamento tan tarde.

Esquerda Unida ten, e sempre terá unha actitude construtiva, como o proban a asunción por parte do pleno do concello dalgunhas das nosas propostas durante estes tres anos, nos que estamos a construir un programa alternativo en Nigrán. Concretamente e sobre os orzamentos, xa na primavera do ano 2014, e durante a tramitación dos orzamentos do ano 2014, Esquerda Unida lle remitira ao alcalde de Nigrán un escrito anunciándolle que ía a presentar catro das seis alegacións presentadas, polo que para o Alcalde non debería ser unha sorpresa que as tiveramos presentado, especialmente cando se presentan en tempo e forma, cumprindo a lei, por parte da nosa organización.

José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, puntualiza que non se presentaron antes as reclamacións, ante o incumprimento da lexislación en materia de transparencia e publicidade da actividade administrativa por parte do concello de Nigrán, o que dificulta a súa elaboración.

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE SE APROBARON OS ORZAMENTOS SEN O DEBATE NO PLENO DAS RECLAMACIÓNS PRESENTADAS

Esquerda Unida mostrase sorprendida pola publicación o día 30 de decembro de 2014, por parte do alcade D. Alberto Valverde, do anuncio da aprobación definitiva do orzamento xeral do Concello de Nigrán para o ano 2015, sen que se resolveran as reclamacións presentadas, tal como indica no 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Para José Cuevas, a decisión tomada polo alcalde de ordenar a publicación da aprobación do orzamento, sen seguir os pasos esenciais que marca o procedemento de elaboración dos orzamentos, é gravisima, e podería chegar a causar graves prexuizos para Nigrán se se executa un orzamento. Esquerda Unida non se fai responsable polo feito de exercer un dereito, das posibeis consecuencias negativas que podan acontecer.

Para José Cuevas, este feito forma parte dunha forma de facer política por parte do Alcalde de Nigrán, na que vale todo, incluso a vulneración dos dereitos da cidadanía a participar no proceso de elaboración dos orzamentos municipais.

José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida presentou 6 reclamación alegacións ao orzamento o día 26 de decembro de 2014, último día de prazo que deben ser admitidas ou rexeitadas polo pleno de Nigrán. Estas alegaións, ademais da anunciada estes días para mellorar o transporte público, consistían na solicitude dunhas modificacións nas bases orzamentarias para aumentar a transparencia e a participación cidadá durante a execución dos orzamentos. O feito de que non fora levadas a pleno tamén pon de manifesto a importancia que lle da o Alcalde ao transporte público, a participación da veciñanza e a transparencia.

Esquerda Unida xa puso estes feitos en coñecemento dos seus servizos xurídicos, e se non hai unha rectificación urxente por parte do Alcalde os porá en coñecemento de outras administracións públicas, para que chamen a orde a o Alcalde, ante esta posible vulneración de dereitos da cidadnía.

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA EMENDA AOS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE NIGRÁN PARA AUMENTAR O SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBILCO

Esquerda Unida presentou unha emenda aos orzamentos de Nigrán para que se aumenten as liñas e frecuencias de transporte público en Nigrán, coincidindo coa implantación do transporte metropolitano.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, este Plan está pensado principalmente para abaratar os custes para os usuarios, pero non para o aumento das frecuencias das liñas de transporte público, nin para o aumento de liñas. É por elo polo que na emenda se pide ao Concello de Nigrán a que negocie a implantación de novos servizos para incrementar a Oferta de Transporte Público en Nigrán, especialmente nas parroquias mais abandonadas por este servizo. Lembra José Cuevas que Esquerda Unida ten recibido queixas de todas as parroquias de Nigrán na que a veciñanza demanda unha mellora do transporte público.

Para Esquerda Unida a función do transporte público é garantir a accesibilidade aos bens, servizos e contactos coas demais persoas, independentemente do lugar onde se viva, da capacidade adquisitiva que se teña, da idade ou do xénero, e facelo sen xerar máis mobilidade que a estritamente necesaria cun sistema de transporte multimodal de carácter universal e público.

Para elo propón que se dote dunha partida de 26.500 euros, para cubrir o posible déficit tarifario destas liñas, tal como está previsto no borrador de convenio de transporte metropolitano. Para elo deberíanse establecerse servizos de predominante interese municipal para as parroquias do interior (Chandebrito, Camos e Parada) e, novos servizos de interese metropolitano que aumentarían as frecuencias das parroquias costeiras (A Ramallosa, Nigrán, Panxón e Priegue). Este aumento no gasto se compensaría con gastos orzamentados que exceden o importe contratado polo concello de Nigrán.

O PLENO DEBATE A XUSTIFICACIÓN DAS ASIGNACIÓNS ECONÓMICAS AOS GRUPOS MUNICIPAIS COMO CONSECUENCIA DA RECLAMACIÓN DE ESQUERDA UNIDA

Esquerda Unida vixiará que o aprobado no pleno non se limite a un acto propagandístico como a publicidade das declaracións de bens.

Esquerda Unida considera positivo que no pleno que se vai a celebrar este xoves 18 de Decembro se leve na orde do día a xustificación das asignacións económicas aos grupos municipais. Esta debate no pleno prodúcese como consecuencia da reclamación que Esquerda Unida presentou á conta xeral do concello do ano 2013, onde denunciaba que non figuraba ningún documento de contabilidade específicaasí como tampouco de facturas dos gastos dos grupos municipais a efectos do seu coñecemento por parte da cidadanía e da súa fiscalización e posta a disposición do pleno municipal.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, a o traballo que está a levar a cabo Esquerda Unida durante estes tres últimos anos para construír un programa e unha alternativa en Nigrán, especialmente nas denuncias de falta de transparencia que está facendo, empezan a dar pequenos resultados, a pesar da falta de vontade política por facer unha unha xestión transparente en NIgrán. Falta de vontade na transparencia que se ve reflectida no incumprimento tanto polo actual alcalde, como polo anterior, do o acordo plenario do 27 de xaneiro de 2010, en materia de publicidade do rexistro de intereses dos concelleiros de Nigrán, tanto polo actual alcalde, como polo anterior.

En dito pleno aprobáronse os modelos de declaracións de actividades e bens patrimoniais dos concelleiros de Nigrán, conforme se indica no artigo 75.7 da lei reguladora das bases do réxime local, acordándose que mentres non se aprobara a normativa de desenvolvemento procederase á publicación dun resumo no BOP, cousa que non se fixo nunca. É por isto polo que, Esquerda Unida presentará unha moción no concello de Nigrán, pedindo o cumprimento de dito acordo plenario.

 

ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O CONCELLO DE NIGRÁN FISCALICE O SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA

Esquerda Unida pide a creación dun observatorio das contratas do Concello de Nigrán.

Esquerda Unida pedirá a remunicipalización da concesión do auga no ano 2017.

Ante as novas sobre problemas no abastecemento de auga no Porto do Molle, Esquerda Unida pide a máxima transparencia e claridade, para tranquilidade da poboación. Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán resulta lamentable que na páxina oficial do Concello non apareza dita recomendación, feito que non serve para a tranquilizar a poboación e un signo da opacidade coa que xestiona en Nigrán calquera tipo de problemática. Ante a posibilidade de que a causa estea nas infraestruturas, tamén pide que conforme aos pregos polo que se rexe o contrato de abastecemento de auga fiscalice especialmente o mantemento e infraestruturas co servizo, ao obxecto de mantela mesma no mellor estado até a finalización da concesión, que ocorrerá en 2017.

Esquerda Unida presentará unha moción no seguinte pleno municipal para que as medidas de fiscalización do contrato de abastecemento de auga que ten que estar adoptando o concello de Nigrán se fagan públicas. Tamén pedirá a creación dun observatorio onde participarían os grupos municipais, as seccións sindicais do concello, os comités de empresa das grandes concesionarias públicas e mesmo o tecido veciñal e asociacións de consumidores, serviría para ter un organismo plural e apartidario de seguimento do grado de cumprimento dos pregos desta e outras concesións, algo que da a impresión que non se fai no concello. Por último pedirá que o Goberno Municipal a que publique na páxina web do concello de Nigrán os resultados das analisis efectuadas da auga subministrada á poboación.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán o abastecemento do auga ten que ser xestionado publicamente, xa que é un recurso natural e un ben universal polo que o acceso a ela ten que ser garantido como un dereito humano. É por iso polo que incluirá nos programas para os procesos de converxencia de cara as eleccións municipais a remunicipalización do abastecemento do auga, aproveitando a finalización da concesión de AQUALIA no ano 2017.

O obxectivo irrenunciable de Esquerda Unida é evitar a xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva, social e medioambientalmente sostibles.

A %d blogueros les gusta esto: