A CANDIDATURA DE ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UN PROGRAMA CENTRADO NAS PERSOAS NUN ACTO AO QUE ASISTIRON MAIS DE 80 PERSOAS

No acto celebrado este martes, ao que asistiron mais de 80 persoas, foi presentada a candidatura de Esquerda Unida de Nigrán así como as liñas xerais do seu programa electoral que se pode consultar na páxina https://eunigran.wordpress.com/ O programa que escapa de xeneralidades detallase en medidas concretas e realizables para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Nigrán.

O cabeza de lista da candidatura, José Cuevas, destacou no acto que a Nigrán non lle basta cun goberno próximo. Tamén necesita un goberno coherente entre o que di e o que fai, que sexa eficaz na solución dos problemas da veciñanza de tódalas parroquias, transparente e realmente participativo.

José Cuevas tamén destacou que Nigrán tamén necesita unha oposición que controle o goberno e, que sen crispación, sexa crítica coa xestión do goberno cando este o faga mal. Unha oposición que sexa construtiva con propostas realistas e realizábeis, e que traballe con rigor. Finalizou Cuevas que para iso hai que ter un profundo coñecemento da administración local que por iso é necesaria a presenza da candidatura de Esquerda Unida na corporación de Nigrán que saia elixida o próximo 28 de maio .

Entre as principais medidas incluídas están un Plan de Mellora do Servizos Sociais, a construción dun centro de día no antigo centro de saúde de Panxón, un proxecto mais ambicioso que o centro para maiores que anunciou o goberno de Nigrán e unha mellora da planificación na contratación que realiza o concello.

Con relación ao PXOM de Nigrán, destacouse o oscurantismo e a falta de transparencia na súa tramitación, tanto do goberno municipal, como de Augas de Galicia, ao negarse a facilitar os informes sobre o PXOM, tal como obriga a lei de transparencia. Anunciouse que cos membros de Esquerda Unida na corporación someteríase o PXOM a un novo período de exposición pública, nin se permitiría unha diminución da reserva de vivenda de protección. Con relación a este punto José Cuevas lembrou que o BNG e o PSOE tiraron abaixo unha moción presentada para que non se diminuíra dita reserva.

Vendo os programas electorais que se lle presentan a veciñanza de Nigrán, no que se repiten promesas incumpridas, fanse promesas de imposible realización por ser competencia de empresas privadas, ou directamente ilegais, a candidatura de Esquerda Unida, que coñece o Concello de Nigrán e somos conscientes da súa complexa xestión, soamente levamos propostas que sexan realizables, que se resumen no documento “50 medidas para que NIGRÁN avance”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: