ESQUERDA UNIDA DE NIGRÁN PRESENTA UNHA LISTA CONTINUADORA DE NIGRÁN DECIDE

A candidatura esta formada por activistas sociais, culturais, sindicais e veciñais de Nigrán, ademais de candidatos e colaboradores de NIGRÁN DECIDE. Nos sete primeiros postos, ademais de José Cuevas, que encabeza a lista, están Betty Mireya León Fong, de Priegue, Catedrática de Física Aplicada da UVIGO, xubilada e activista social, impulsora da Plataforma Solidaria Didáctica do Val Miñor para dar apoio escolar durante a pandemia. José Manuel Figueroa Fajo, de Camos e Obreiro da automoción, continuando cos independentes Patricia Gómez Costas, de Chandebrito, traballadora no sector do ensino e implicada no movemento veciñal de Chandebrito e na integración de persoas discapacitadas, Ricardo Gil Valcarcel, de A Ramallosa, xubilado e Activista Cultural e  Mercedes Cabreira Figueroa, de Panxón,  traballadora de Servizos Sociais. Finalmente como sétimo está na lista Anxo Mosquera Nogueira. Nigrán. Mecánico maior naval. Ex- concelleiro de NIGRÁN DECIDE.

A candidatura presentada é diversa territorial e ideoloxicamente. Únelle unha metodoloxía de traballo baseada no consenso, e está conformada por 10 independentes. Do total de 20 persoas que figuran na candidatura, 14 xa figuraron nas listas de NIGRÁN DECIDE nas eleccións de 2015 ou de 2019, producíndose 6 novas incorporacións a dita lista, das cales 5 son independentes.

O funcionamento da candidatura que presenta Esquerda Unida a estas eleccións é o mesmo que o da coalición electoral NIGRÁN DECIDE, na que todos os acordos se toman en asemblea formada polos membros da candidatura e colaboradores independentes en igualdade de condicións. Ademais, entre os colaboradores da candidatura de Esquerda Unida están simpatizantes e antigos membros de PODEMOS, nacionalistas independentes, e a maioría de membros de NIGRÁN DECIDE, polo que se pode afirmar que esta candidatura que presenta Esquerda Unida, é continuadora do espírito e o programa de NIGRÁN DECIDE, afirma José Cuevas, cabeza de lista.

Para José Cuevas, é necesario na corporación de Nigrán, a presenza dunha oposición firme,  crítica e construtiva, que traballe con rigor, en propostas serias e realizables, como nas que no seu día realizou sobre a nova biblioteca de Nigrán ou programa Xantar na Casa, que se levaron a cabo neste mandato, para que Nigrán avance aínda mais. Lamentabelmente, durante este mandato non existiu, finaliza Cuevas.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: