Esquerda Unida lembra que a día de hoxe tiñan que estar empezadas as obras do Centro de Saúde de Panxón, non téndose noticias de cando empezarán, nin sequera cando se licitarán.
Segundo Esquerda Unida no acordo do pleno do concello de 29 de outono de 2008 polo que se establecíase un prazo de un ano para iniciar as obras e tres para rematalas. Dito prazo foi actualizado por acordo do pleno do Concello de Nigrán o día 30 de marzo de 2011, referíndose a dita data, polo que o 30 de marzo de 2012 tiñan que estar empezadas as obras de construción do Centro de Saúde.
Lembra Esquerda Unida que o SERGAS, que no ano 2006 se licitou a redacción do proxecto básico e que xa solicitou a licenza para a súa construción 23 de outubro de 2010, pasando case 18 meses sen comezar as obras. Consideramos que os sucesivos anuncios realizados polas diferentes conselleiras de Sanidade do inmediato comezo das obras son unha tomadura de pelo á cidadanía, xa, que como denunciou Esquerda Unida, non van acompañados de dotación orzamentaria, polo que esixe que se liciten as obras dunha vez. Estes anuncios empezaron coa Conselleira de Sanidade do goberno PSOE-BNG e continuaron co goberno do PP.
Esquerda Unida oponse a licitación das obras que pretende facer o SERGAS, mediante a modalidade de concesión de obra pública, como se fixo co Novo Hospital de Vigo, por ser unha dilapidación do diñeiro público ao ter a obra uns gastos financeiros moito maiores. Estes gastos poden chegar a un 18%, mentres que por construción directa non pasarían do 5%. Este tipo de modalidade tamén implicaría que o aparcamento subterráneo ou en superficie que o alcalde de Nigrán solicitoulle á Conselleira Dª Pilar Farjas para que se solucionen as carencias nesa materia que contén o actual proxecto de Centro de Saúde, sería de pago para a cidadanía, como vai a ocorrer no Novo Hospital De Vigo e como non ocorre no Centro de Saúde de A Xunqueira. Tampouco neste caso a xestión do centro de saúde será 100% pública, tal como se comprometeu a Conselleira Pilar Farjas en outubro de 2010.
Esta modalidade de contratación significa que unha empresa privada vai a explotar o Centro de Saúde e o aparcamento, construídos nun solar cedido gratuitamente polo concello, tal como se indica na lei de contratos do sector público. Tamén implica que vai a ser una empresa privada a que deberá coidar da adecuada aplicación das normas sobre uso e policía do Centro de Saúde
Para Esquerda Unida tamén é responsable de que isto ocorra o anterior goberno municipal, xa que no acordo de cesión non incluíu que o uso sanitario da parcela fora 100% público.
Esquerda Unida considera que este abandono nos servizos públicos de Nigrán, ao que se une a retirada parcial da ambulancia de Sabarís, corresponde a un plan de deterioro da sanidade pública para poder xustificar a súa posterior privatización e introdución de medidas como o repago.
Arquivado en: Noticias | Comentarios desactivados