O carril bici e a nova lei de estradas

Ante a iniciativa do Goberno da Xunta de sacar adiante unha nova lei de estradas, na que non se facía ningunha referencia á necesidade da existencia de carrís bicis nas estradas de Galicia, Alternativa Galega de Esquerda, AGE, presentou unha emenda a dita lei para que se doten de carrís bicis as estradas de nova construción, ou que sexan reformadas.

Por outra banda, ante a situación que se vive na estrada PO-325 entre Vigo e Baiona, onde a Xunta de Galicia asegura que se está a construír un carril bici, cunhas características técnicas que garanten a circulación en bicicleta con seguridade, Alternativa Galega de Esquerda pide que se regulen explícitamente as condicións que debe reunir un carril bici, tanto nas súas dimensións como mediante a integración do sistema de sinalización, para a que a circulación por estes carrís sexa segura, tanto para os ciclistas como para os peóns. Para Esquerda Unida, membro de AGE, o actual carril bici en construcción non serve para os ciclistas. Este non está preparado para que por el circulen grupos de ciclistas, aínda que circulen nunha soa fila. Os continuos obstáculos que invaden o carril, os badéns laterais, o estreitamento excesivo ou a non integración do mesmo no sistema de sinalización vial o fan perigosísimo. De feito o carril bici desaparece repentinamente en varios puntos. Esta iniciativa de AGE únese a que tivo Esquerda Unida de Nigrán a nivel municipal no ano 2011 no que presentou 3 mocións potenciadoras do emprego de bicicletas: i) instalación de aparcamentos para bicicletas nos lugares onde é previsible que se usen, ii) creación dun Servizo de Préstamo de Bicicletas e iii) dotación de infraestruturas viarias para o fomento do uso da bicicleta, en concreto que se solicite á Xunta de Galicia a construción dun carril bici na estrada PO-340 entre A Ramallosa e Gondomar. É tamén continuación da defensa por un transporte sustentable, iniciada hai uns meses tras o aviso, por parte empresa concesionaria, de diminuir significativamente o servicio de autobús.

Por último as agrupacións de Esquerda Unida do Val Miñor e de Vigo, van a poñerse en contacto con todos os colectivos e persoas a título individual, que podan verse afectados polo uso da bicicleta, e en particular co carril bici da estrada para buscar posíbeis solucións.

Mobilización dos Concellos tras a denuncia de Esquerda Unida sobre o transporte público

Esquerda Unida celebrou o pasado mércores trece de Febreiro un acto onde se explicaron os recortes previstos no Val Miñor no servizo de autobuses. En dito acto ao que asistiron numerosos veciños e representantes de asociacións debateuse sobre a problemática actual do transporte, así como dalgunhas das posíbeis melloras no servizo de autobuses. Falouse da necesidade de políticas de fomento do uso do transporte público, como billetes de transferencia, mellora dos horarios, chegándose a conclusión que para implantar ditas melloras é necesario a realización dun plan de transporte metropolitano.

Para tratar de paralizar os recortes acordouse facer un modelo de alegación para presentar ante a Xunta de Galicia. Tamén acordouse facer un escrito por parte das asociacións que queiran adherirse solicitando ao concello que adopte medidas contra estes recortes e se poña en marcha o plan de transporte metropolitano.

Esquerda Unida pola súa parte felicítase de que a súa denuncia respecto aos recortes previstos mobilizara aos alcaldes e partidos políticos con representación nos concellos do Val Miñor para presionar á Xunta de Galicia para a non aprobación do plan de reestruturación de ATSA e pola realización do plan de transporte metropolitano. Agora espera dos representantes dos diferentes partidos que gobernan nas institucións responsábeis da aprobación do plan que, nesta ocasión, se senten e non se levanten até aprobalo, como fan cando se trata de aprobar reformas da constitución a favor dos poderes financeiros, xa que tememos que estas mocións queden nunha mera declaración de intencións que non se plasmen na realidade como ocorre con outras promesas.

Por último indicar que Esquerda Unida ten intención de poñerse en contacto cos representantes dos traballadores, para coñecer as repercusións destas medidas no emprego.

Nota: a documentación da empresa A.T.S.A. sobre a reducción do servizo está dispoñible nesta mesma web, na sección de documentos. Pódese descargar directamente na seguinte ligazón: https://eunigran.files.wordpress.com/2013/02/reestruturacic3b3n-v-7008.pdf

A %d blogueros les gusta esto: