OS CANDIDATOS E CANDIDATAS DE ESQUERDA UNIDA NO CONCELLO DE NIGRÁN ASUMEN OS SEGUINTES COMPROMISOS:
1- Esixir ao Goberno a regulación por lei da contía dos salarios dos cargos públicos locais. Propoñeremos que os mesmos se fixen con criterios de transparencia e austeridade e que se fagan públicos dun xeito eficaz e accesible.
2.- Propoñer a creación da declaración explícita de conflito de intereses en cada modificación urbanística e proceso de contratación de obras ou servizos públicos, de todo aquel que participe no mesmo, sexan alcaldes, concelleiros, ou funcionarios. Realizaríase seguindo o modelo de declaración de conflito de intereses que se aplica á investigación científica.
3- Impulsar acordo de prohibición para percibir obsequios ou invitacións persoais aos cargos públicos ou funcionarios municipais. Creárase un Rexistro Público de Obsequios e Invitacións Institucionais.
4.-Establecer un sistema de dedicación absoluta e de incompatibilidades de todos os altos cargos de Gobernos Municipais, así como dos Responsables de contratación de Obras e Servizos en relación con responsabilidades ou actividades empresariais ou profesionais vinculadas ao sector dos servizos, a construción e o urbanismo.
5.- Crear o Estatuto do Representante Local, no que se regulen os seus dereitos e deberes. En particular, garantírase que os concelleiros que se atopen na oposición podan exercer as súas funcións de fiscalización e control dos contratos e adxudicacións municipais formando parte dos órganos de contratación e facilitándolles toda a documentación e información administrativa.
6.- Regular o Rexistro de Intereses dos responsables públicos a través dunha Oficina que será a encargada da vixilancia e supervisión do estrito cumprimento da lexislación vixente en materia de incompatibilidades e conflitos de intereses, así como da custodia dos Rexistros de Actividades e de Bens e Dereitos Patrimoniais. Propoñerase a obrigación de facer público o contido desta Declaración a través dos medios municipais existentes (páxinas web, información municipal…
7.-Denunciar ante a Fiscalía e colaborar coa Xustiza aportando calquera dato de corrupción que coñezan no exercicio das súas responsabilidades como cargos públicos.
8.-Asumir as responsabilidades políticas a que houbera lugar en casos de corrupción, con dimisión preventiva dos cargos públicos e cargos de libre designación en caso de imputación e procesamento por delitos de corrupción política ou urbanística.
9.-Impulsar mecanismos de publicidade, control e participación democrática para garantir a transparencia e a ética nas institucións, poñendo en marcha mecanismos estables de participación que permitan a intervención e o coñecemento dos cidadáns e cidadás nas decisións que se adopten en materia urbanística e de contratación. Faranse públicos os procesos de contratación a través dos mecanismos: publicacións, páxinas Web… Nesta mesma liña só se delegarán competencias de Pleno nas Xuntas de goberno con carácter excepcional, para garantir a participación da oposición na toma de decisións e a participación da cidadanía.
10. Prohibición expresa da utilización de fondos públicos para financiar campañas propagandísticas nos medios de comunicación da labor realizada polo goberno municipal, Diferenciando expresamente o que é información á cidadanía e as prácticas de enxalzamento da actuación do goberno.
11.- Non conformar gobernos locais con desertores de outras forzas políticas nin apoiar a formación de grupos novos nos que participen cargos declarados tránsfugas.
INDEPENDENTE DO QUE FAGAN OUTRAS FORZAS POLITICAS, NOS VAMOS A CUMPRIR ESTES COMPROMISOS, PORQUE NON TODOS OS POLITICOS SOMOS IGUAIS
POLA HONRADEZ NO GOBERNO MUNICIPAL
Filed under: Noticias | Tagged: Esquerda Unida,Municipais 2011,Nigrán,Rexeneración democrática | Leave a comment »