Interpretación do PXOM

Dentro da política de Esquerda Unida de informar aos veciños, elaboramos esta elemental guía co obxectivo de facilitarlle á veciñanza de Nigrán a interpretación da documentación do PXOM. Non pretende ser unha guía completa, senón unha axuda

PLANOS

Os planos poden ser de información ou de ordenación. Nos planos de información (O seu nome empeza por I), infórmase de varios aspectos, como a clasificación actual, as zonas de ordenzanza, etc.

Os planos importantes para analizar como vai a quedar Nigrán son os planos de ordenación (O seu nome empeza por O)

Polo tanto vamos a analizar os diferenets planos de ordenación e documentos de interese que nos poden ser de mais utilidade:

  1. O2.1.Justificacion clasificacion (tamén O2, O3 e O4).

Son catro planos nos que se divide o termo municipal de Nigrán nos que se poden visualizar tanto as edificacións (as que aparecen) como as parcelas existentes. Hai que ter en conta que a cartografía empregada non está actualizada.

Neles se pode como se clasifica un terreno.

Este pode ser urbano (consolidado ou non consolidado), rural (tradicicional ou común) ou solo rustico (de especial protección ou de protección ordinaria). Tamén se determina se o terreno está incluido nun PERI, SUD, SUND ou POL

  1. O4.1-Calificación, Gestión y Alineaciones_01, 02, 03, 04, 05, 06 e 07

Estes son planos para determinar dentro do solo urbano consolidado a ordenanza que lle é de aplicación, asi como o grao (por exemplo RU-3 Residencial Unifamiliar Grao 3). En principio se se cumpren os requisitos para edificar obtense unha licnecia directa e se pode edificar segundo a ordenanza que lle é de aplicación.

  1. O4.2-Calificación, Gestión y Alineaciones_NR

Estes son planos para determinar dentro do solo rural (tanto común como tradicional) a ordenanza que lle é de aplicación (por exemplo NRC1 Nucleo Rural Común Grao 1). En principio se se cumpren os requisitos para edificar obtense unha licnecia directa e se pode edificar segundo a ordenanza que lle é de aplicación.

  1. Documento das ordenanzas urbanisticas

Unha vez determinada para unha finca a ordenanza de aplicación e o grao (para o solo urbano consolidado e para o rural), vaise ao documento das ordenanzas urbanísticas, búscase a ordenanza e o grao e alí pon o que se pode facer.

  1. PERIs, SUDs, SUNDs E POL

En principio, aínda que este solo este clasificado como urbano non consolidado, urbanizable ou rural, nestes terreos non se pode edificar até que se desenvolva o instrumento urbanistico previsto.

Para saber que se pode facer hai que ir ao documento “Documento IV.B- Fichas Ordenación e Xestión”, e buscar o ámbito que lle é de aplicación.

  1. Zonas verdes e equipamentos

No solo que está destinado para zonas verdes ou equipamentos non se vai a poder edificar vivendas. Os propietarios destes terreos participarán dos beneficios urbanisticos dos SUD, ou PERIs aos que están adscritos.

  1. Solo rústico

A normativa a a aplicar dependerá de se é ordinario ou de especial protección. Por exemplo no solo rústico de especial protección de infraestructuras prácticamente non se pode facer nada.

  1. Areas de recualificación

Existen 4 areas de recualificación (San Román, Monteferro, Chandebrito e MonteLourido) nos que se fará un desenvolvemento seguindo plans especiais. A descripción do que se vai a facer está nas fichas respectivas (ver “Documento IV.B- Fichas Ordenación e Xestión”), aínda que non son moi concretos.

Dubidas respecto á documentación do PXOM de Nigrán

Tal como dixemos na introducción, este documento é moi elemental, polo que para calquera dúbida de interpretación poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico eu-nigran@esquerdaunida.org e, na medida do posible, a trataremos de solucionar.

Participación e transparencia no PXOM

José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, ante o anuncio de que a empresa redactora do documento o entregou adaptado aos informes realizados polos técnicos municipais, pide que se faga pública dita documentación na páxina web do concello con carácter inmediato.

Dentro da máxima transparencia e participación que debe guiar a elaboración do PXOM, Esquerda Unida pide que ademais de facer público o documento do PXOM, convoque o Consello Sectorial, para a explicación do documento aos colectivos sociais de Nigrán, ademais da súa posterior explicación á veciñanza de Nigrán.

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA OS ENRIQUECIMENTOS QUE SE VAN A PRODUCIR EN DIVERSAS ZONAS URBÁNS DE NIGRÁN CO NOVO PXOM

Esquerda Unida denuncia que en determinadas zonas de Nigrán vaise a producir un aumento da edificabilidade que non atopa xustificada nos PERIs 7, 8 e 17. Ista denuncia sumase a recentemente realizada por EU referida ao PERI 1. En vez de facerse un crecemento concéntrico dende o centro de Nigrán tamén denuncia que o modelo de crecemento previsto no núcleo de Nigrán é totalmente lineal, especialmente nos PERI 7 e 8 con edificios de 3 alturas seguindo a estrada PO 552.

Para Esquerda Unida a urbanización, mediante a construción de edificios de 3 alturas nesa zona, contradice as Directrices de ordenación do territorio indicadas no informe da Xunta de Galicia que di que se “priorizarán a compactación das cidades, vilas e núcleos existentes fronte á súa expansión sobre terreos en estado natural” e “evitaranse os crecementos ao longo das vías de comunicación”. Por outro lado neses dous ámbitos de xestión, prodúcese un aumento importante da edificabilidade, xa que nas actuais normas parte destes dous PERIs corresponden ao SAU 6, cunha edificabilidade de 0,4 m c/m sea unha zona de ordenanza 7 onde a edificabilidade estaba nun máximo de 0,25 m c/m s. Agora pasase a unha edificabilidade de 0,55 m c/m de superficie, o que supón que neses dous PERIs se van a poder construír aproximadamente 11000 m mais co permitido nas normas actuais. Isto pode supoñer un aumento de negocio de 30 millóns de euros (5.000 mil millóns das antigas pesetas).

Tal como anunciou fai días, Esquerda Unida propón que esta zona sexa clasificada maioritariamente como zona verde, co obxectivo de facer un grande parque entre Nigrán e Ramallosa que se una a praia América cunha zona verde de gran anchura, seguindo o curso do río Muiños.

Outro exemplo que non atopa xustificado é o Esquerda Unida e o caso do PERI 17, emprazado entre as rúas Gobernador e a estrada pola Vía, onde se pasa dunhas ordenanzas 6 e 7 onde a edificabilidade permitida era de 0,5 e 0,25 m c/m s e pásase a ter unha edificabilidade de 0,50 m c/m s. Isto significa que neste ámbito se van a poder construír aproximadamente 15.000 m mais do que se pode edificar actualmente. Isto pode supoñer un aumento de negocio de 40 millóns de euros (6.600 mil millóns das antigas pesetas).

Por elo Esquerda Unida preguntase quenes son os beneficiarios deste aumento da edificabilidade. Para Esquerda Unida é evidente que na elaboración dun PXOM, sempre haberán algúns beneficiados.

A %d blogueros les gusta esto: