O centro de saúde de Panxón no Parlamento

Alternativa Galega de Esquerda, dentro do seu compromiso de achegar os problemas reais da cidadanía ao Parlamento,  realiza a seguinte Interpelación a cargo de Eva Solla, sobre o estado do centro de saúde de Panxón.

Eva Solla Fernández, deputada pertencente ao Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigos 147 e 148 do Regulamento da Cámara, realiza a seguinte Interpelación.

O centro de saúde de Panxón (Nigrán) presenta dificultades tanto no seu acceso coma no seu interior para as cadeiras de rodas constituíndo unha Barreira Arquitectónica Urbanísta na Edificación (BAED) estipulada coma tal no artigo 5º do Regulamento de Desenvolvemento e Execución da Lei de Accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia, disposta en cumplimento da propia Lei 8/1997 , do 20 de Agosto, de Accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O mencionado Centro de Saúde de Panxón é un edificio de titularidade pública (artigo 27 do Regulamento, ao tratarse dun centro sanitario e asistencial) que foi construído fai décadas e presentando no momento actual un estado moi deteriorado.

A imposibilidade de acceso ás persoas con diversidade funcional de maneira independiente implica un incumprimento da Lei 8/1997 e do seu Regulamento, así coma imposibilita o cumplimento do artigo 49 da Constitución Española e ocasiona un trastorno para a propia autonomía dos pacientes que acuden ao seu centro de saúde con cadeiras de rodas.

Porén, interpélase para coñecer:

  1. Se a Consellería de Sanidade ten coñecemento de estes feitos.
  2. Cales son as medidas que pensa levar a cabo para subsanar esta situación de inxustiza social.
  3. Cando ten previsto a Consellería de Sanidade iniciar as obras do novo Centro de Saúde de Panxón anunciado xa no ano 2010, do cal se modificou posteriormente o proxecto no plan funcional reducindo notablemente a súa superficie útil.

Lembramos que dende a Alternativa Galega de Esquerda deféndese que outra política é posible. Consideramos que a participación cidadá ten que ser unha das pezas clave sobre á que xire esa nova forma de entender a política. Así, se tes unha proposta lexislativa, envíanos a túa proposta á seguinte ligazón:

http://alternativagalega.com/participacion-cidada/

A %d blogueros les gusta esto: