O carril bici e a nova lei de estradas

Ante a iniciativa do Goberno da Xunta de sacar adiante unha nova lei de estradas, na que non se facía ningunha referencia á necesidade da existencia de carrís bicis nas estradas de Galicia, Alternativa Galega de Esquerda, AGE, presentou unha emenda a dita lei para que se doten de carrís bicis as estradas de nova construción, ou que sexan reformadas.

Por outra banda, ante a situación que se vive na estrada PO-325 entre Vigo e Baiona, onde a Xunta de Galicia asegura que se está a construír un carril bici, cunhas características técnicas que garanten a circulación en bicicleta con seguridade, Alternativa Galega de Esquerda pide que se regulen explícitamente as condicións que debe reunir un carril bici, tanto nas súas dimensións como mediante a integración do sistema de sinalización, para a que a circulación por estes carrís sexa segura, tanto para os ciclistas como para os peóns. Para Esquerda Unida, membro de AGE, o actual carril bici en construcción non serve para os ciclistas. Este non está preparado para que por el circulen grupos de ciclistas, aínda que circulen nunha soa fila. Os continuos obstáculos que invaden o carril, os badéns laterais, o estreitamento excesivo ou a non integración do mesmo no sistema de sinalización vial o fan perigosísimo. De feito o carril bici desaparece repentinamente en varios puntos. Esta iniciativa de AGE únese a que tivo Esquerda Unida de Nigrán a nivel municipal no ano 2011 no que presentou 3 mocións potenciadoras do emprego de bicicletas: i) instalación de aparcamentos para bicicletas nos lugares onde é previsible que se usen, ii) creación dun Servizo de Préstamo de Bicicletas e iii) dotación de infraestruturas viarias para o fomento do uso da bicicleta, en concreto que se solicite á Xunta de Galicia a construción dun carril bici na estrada PO-340 entre A Ramallosa e Gondomar. É tamén continuación da defensa por un transporte sustentable, iniciada hai uns meses tras o aviso, por parte empresa concesionaria, de diminuir significativamente o servicio de autobús.

Por último as agrupacións de Esquerda Unida do Val Miñor e de Vigo, van a poñerse en contacto con todos os colectivos e persoas a título individual, que podan verse afectados polo uso da bicicleta, e en particular co carril bici da estrada para buscar posíbeis solucións.

A %d blogueros les gusta esto: