NUMEROSAS PERSOAS ASISTEN AO ACTO INFORMATIVO SOBRE OS RECORTES E RETRASOS DA CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE PANXÓN

Case medio centenar de persoas asistiron ao acto informativo de Esquerda Unida sobre os recortes e retrasos no Centro de Saúde de Panxón que se celebrou o pasado xoves 23, nos locais da AA. VV. Monteferro de Panxón.

Juan Fajardo, cabeza de lista de Esquerda Unida nas próximas eleccións autonómicas pola provincia de Pontevedra, explicou que os recortes que se producen non son por casualidade, senón consecuencia dunha política iniciada antes do reformazo da constitución realizado polo PP e o PSOE o ano pasado. Na súa intervención denunciou que o goberno da Xunta, prefire controlar o déficit e pagar os intereses da Banca europea, a investir de forma inmediata no centro de saúde de Panxon.

Pola súa parte Eva Solla, responsable do área de saúde de Esquerda Unida en Vigo, explicou as medidas que están adoptando o goberno como o repago nos medicamentos, a eliminación da universalidade do dereito á saúde, así como a privatización do sistema público de saúde.

Finalizou o acto José Cuevas, portavoz de Esquerda Unida en Nigrán afirmando que a licitación realizada o pasado día 10 de agosto e outro feito de propaganda para dicir que se vai a construír o Centro de Saúde de Panxón, cando o que supón e volver ao ano 2006, ano en que se licitou a redacción do proxecto. Explicou os recortes que van a consistir na diminución 5 consultas, destacando a gravidade do recorte nas consultas de pediatría, xa que vai a supoñer que un pediatra teña que atender a máis de 1000 pacientes, por riba do recomendado.

Na súa intervención leu un documento oficial do SERGAS, no que se fai a seguinte descrición o Centro de Saúde de Panxón “Os principais problemas do centro son as barreiras arquitectónicas e a falta de espazo. O centro ten tres niveis sen posibilidade de instalar una ascensor. Non é posible o acceso de cadeiras de rodas nin padiolas, e é moi complicado o acceso de coches de nenos. Para as extraccións utilizan unha consulta dun médico e deben cambiar o mobiliario segundo o uso que teña a sala en cada momento”

Finalmente destacou que dende hai catro anos as sucesivas conselleiras de sanidade veñen anunciando todos os anos a construción de dito centro de saúde con carácter inmediato, anuncios que non se materializan nin cunha dotación orzamentaria nin coa licitación das obras de construción.

A %d blogueros les gusta esto: