ACTOS EN A RAMALLOSA E CHANDEBRITO DA CAMPAÑA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS

Dentro da campaña informativa sobre a reforma das pensións que Esquerda Unida está realizando en Nigrán, este sábado 30 de novembro as 20:00 na AA.VV. A Unión de Ramallosa que contará coa participación de Eva Solla, Deputada de Alternativa Galega de Esquerdas, e do voceiro local de Esquerda Unida en Nigrán, José Cuevas.

O domingo 1 de decembro na antiga escola de Chandebrito, as 11:00 celebrarase outro acto informativos, coa participación do voceiro local de Esquerda Unida en Nigrán, José Cuevas.

Video de presentación da campaña “EN DEFENSA DAS PENSIÓNS”

NUMEROSAS PERSOAS ASISTEN AO ACTO INFORMATIVO SOBRE OS RECORTES E RETRASOS DA CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE PANXÓN

Case medio centenar de persoas asistiron ao acto informativo de Esquerda Unida sobre os recortes e retrasos no Centro de Saúde de Panxón que se celebrou o pasado xoves 23, nos locais da AA. VV. Monteferro de Panxón.

Juan Fajardo, cabeza de lista de Esquerda Unida nas próximas eleccións autonómicas pola provincia de Pontevedra, explicou que os recortes que se producen non son por casualidade, senón consecuencia dunha política iniciada antes do reformazo da constitución realizado polo PP e o PSOE o ano pasado. Na súa intervención denunciou que o goberno da Xunta, prefire controlar o déficit e pagar os intereses da Banca europea, a investir de forma inmediata no centro de saúde de Panxon.

Pola súa parte Eva Solla, responsable do área de saúde de Esquerda Unida en Vigo, explicou as medidas que están adoptando o goberno como o repago nos medicamentos, a eliminación da universalidade do dereito á saúde, así como a privatización do sistema público de saúde.

Finalizou o acto José Cuevas, portavoz de Esquerda Unida en Nigrán afirmando que a licitación realizada o pasado día 10 de agosto e outro feito de propaganda para dicir que se vai a construír o Centro de Saúde de Panxón, cando o que supón e volver ao ano 2006, ano en que se licitou a redacción do proxecto. Explicou os recortes que van a consistir na diminución 5 consultas, destacando a gravidade do recorte nas consultas de pediatría, xa que vai a supoñer que un pediatra teña que atender a máis de 1000 pacientes, por riba do recomendado.

Na súa intervención leu un documento oficial do SERGAS, no que se fai a seguinte descrición o Centro de Saúde de Panxón “Os principais problemas do centro son as barreiras arquitectónicas e a falta de espazo. O centro ten tres niveis sen posibilidade de instalar una ascensor. Non é posible o acceso de cadeiras de rodas nin padiolas, e é moi complicado o acceso de coches de nenos. Para as extraccións utilizan unha consulta dun médico e deben cambiar o mobiliario segundo o uso que teña a sala en cada momento”

Finalmente destacou que dende hai catro anos as sucesivas conselleiras de sanidade veñen anunciando todos os anos a construción de dito centro de saúde con carácter inmediato, anuncios que non se materializan nin cunha dotación orzamentaria nin coa licitación das obras de construción.

ESQUERDA UNIDA CHAMA AOS VECIÑOS A QUE PARTICIPEN NA CONCENTRACIÓN CONTRA O DERRIBO DUNHA VIVENDA EN CAMOS

Esquerda Unida en Nigrán chama á cidadanía a que se opoña ao derribo dunha vivenda en Camos, asistindo a concentración que se vai a celebrar o xoves ás 9 da maña na vivenda, convocada por diversos colectivos.

Se ven Esquerda Unida está en contra de que impere a lei da selva no urbanismo, considera que a vivenda é un dereito fundamental das persoas, e pide que se trate a toda á cidadanía por igual. Tanto en Nigrán como en toda Galicia existen numerosas construcións ilegais, pero da a impresión que so se fai cumprir a legalidade á xente traballadora.

É especialmente escandaloso este caso porque recentemente, e para legalizar unha situación fora de ordenanza e evitar unha orde de derribo dictada en firrme en outono de 2008 o Concello de Nigrán gobernado polo PP modificou as normas subsidiarias. Tamén, lembra José Cuevas, portavoz de Esquerda Unida en Nigrán e candidato a deputado nas próximas eleccións autonómicas que recentemente o Concello de Nigrán estivo colaborando nunha obra ilegal, actualmente paralizada.

ESQUERDA UNIDA presentou a súa candidatura en Nigrán

Esq. a der.: José Cueva (nº3 EU por Nigrán), Jacobo Gallego (Candidato de EU-Nigrán), Betty Mireya León (nº2 EU por Nigrán), José Outes (nº4 EU por Nigrán)

 

Coa asistencia de varias decenas de cidadáns, ESQUERDA UNIDA presentou os catro primeiros postos da súa candidatura en Nigrán, Jacobo Gallego, Betty León, José Cuevas e José Luis Outes, así como o avance do seu programa electoral nun acto celebrado o derradeiro sábado, no local da asociación de veciños de A Ramallosa.

No seu programa electoral propoñen a participación dos cidadáns na toma de decisións do concello, a transparencia e a loita contra a corrupción. Consideran que o novo PXOM debe atender as necesidades da cidadanía e non dos especuladores. As súas propostas abranguen a creación de espazos de convivencia da cidadanía, a conservación do medio ambiente, a mellora do transporte público e das instalacións culturais e deportivas, así como a apertura dos centros escolares para actividades fora do horario escolar. Queren un Nigrán democrático, transparente e habitable.

O avance do programa electoral, ao que se poden facer apartacións no correo electrónico eu-nigran@esquerdaunida.org se dará a coñecer proximamente de forma integra neste BLOG

A %d blogueros les gusta esto: