O concello de Nigrán non facilita información dos gastos realizados en publicidade e propaganda e en gastos diversos do equipo de goberno durante a exposición da conta xeral do concello do ano 2013.
O concello de Nigrán carece da relación de postos de traballo pola que se pagaron no ano 2013 unha cantidade de 24.200 euros.
A comisión Informativa de Contas do Concello de Nigrán do pasado mércores ditaminou desfavorablemente, cos votos dos grupos do PP e PSOE e a abstención do Mixto, a RECLAMACIÓN presentada por Esquerda Unida á Conta Xeral de 2.013.
A reclamación de Esquerda Unida simplemente pedía que os grupos municipais presentasen a súa contabilidade e os xustificantes das facturas polo ingreso recibido de 17.490,13 euros para os seus gastos de funcionamento que figuran na liquidación do ano 2.013 e se pide esa transparencia no gasto de conformidade co artigo 73.3 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local.
Os grupos que votaron en contra na comisión informativa deberían explicar publicamente porqué non queren presentar as súas contas e se teñen algo que ocultar e en calquera caso rectifiquen o seu voto no pleno do día 30.
Ademais da falta das contas de funcionamento dos grupos, Esquerda Unida quer denunciar a dilapidación que está a facer o goberno do Partido Popular de Nigrán na xestión do diñeiro público. Examinado o expediente da Conta Xeral reflíctese que aparentemente o concello de Nigrán está a facer gastos innecesarios. Por poñer un exemplo no ano 2.013 gastáronse 24.200 euros na elaboración da Relación do Postos de Traballo, figurando así mesmo na documentación que “Que o concello carece da preceptiva relación de postos de traballo (RPT).
Por outra parte tamén detectouse que en numerosas partidas se realizan numerosos gastos por encima da cantidade de diñeiro prevista no orzamento. Destaca Esquerda Unida que o equipo de goberno gastou en Publicidade e Propaganda mais do dobre do orzamentado e en Gastos Diversos mais do cuádruplo. Esquerda Unida pediu ao concello de Nigrán copia detallada dos gastos destas partidas durante o período de exposición pública e non lle foi facilitada dita información.
Lembra José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, que o gasto público ten que facerse con transparencia e non negando documentación a cidadanía. Para Esquerda Unida o control do gasto ten que levarse a cabo mediante a non realización de gastos innecesarios e non mediante recortes aos dereitos da cidadanía.
Informe do interventor da conta xeral 2013
Estado de ingresos da conta xeral 2013
Estado de gastos da conta xeral 2013.
Filed under: Noticias | Leave a comment »