Este próximo martes, día 16, as 20:00, no Torreiro de Priegue, Esquerda Unida de Nigrán presentará a candidatura coa que se presenta ás próximas eleccións municipais. Así mesmo no acto realizarase unha breve exposición das liñas xerais do programa electoral, centrado nas persoas e baseado na resolución dos principais problemas da veciñanza mediante a adopción de medidas realizábeis desde o concello.
A candidatura completa, na que participan 10 independentes, está formada maioritariamente por persoas que xa formaron parte das candidaturas de NIGRÁN DECIDE.
Candidatura completa de Esquerda Unida Nigrán
José Cuevas Raposo, Ex-Voceiro do grupo municipal de NIGRÁN DECIDE.
Betty Mireya León Fong, de Priegue, Catedrática de Física Aplicada da UVIGO, xubilada e activista social, impulsora da Plataforma Solidaria Didáctica do Val Miñor para dar apoio escolar durante a pandemia.
José Manuel Figueroa Fajo, de Camos e Obreiro da automoción.
Patricia Gómez Costas, de Chandebrito, traballadora no sector do ensino e implicada no movemento veciñal de Chandebrito e na integración de persoas discapacitadas (independente).
Ricardo Gil Valcarcel, de A Ramallosa, xubilado e Activista Cultural (independente).
Mercedes Cabreira Figueroa, de Panxón, traballadora de Servizos Sociais (independente).
Anxo Mosquera Nogueira, de Nigrán. Mecánico maior naval. Ex- concelleiro de NIGRÁN DECIDE.
María Comesaña Valverde, de Chandebrito (independente).
Borja David Hermida Pérez, de Priegue (independente).
Rosa María Vila Collazo, de Camos. Xubilada.
Jacobo Gallego Guisande, de Nigrán.
María Rosa Lores Gallego, de Nigrán (independente).
Antonio Valverde Valtierra, de Panxón (independente).
Ana Bonet Solé.
Francisco Travieso Ladra, de A Ramallosa.
Concha Nogueira Miguel, de Nigrán.
Jesús Rodríguez González, de Priegue (independente).
José Luis Outes Ruso, de Priegue.
Gustavo Bodelón Velasco, de Panxón (independente).
Filed under: Noticias | Leave a comment »