ESQUERDA UNIDA DE NIGRÁN PIDE A RETIRADA DA MODIFICACIÓN DE TAXAS DE CONEXIÓN DE SANEAMENTO POR FOMENTAR A DESIGUALDADE SOCIAL E SER PREXUDICIAL PARA O MEDIO AMBIENTE

Esquerda Unida denuncia un maior coste para vivendas de Nigrán que non teñan saneamento e soliciten a súa conexión á rede municipal de saneamento, que pode chegar até o 160%, na taxa de conexión á rede de saneamento, segundo se desprende das declaracións do Alcalde.

Para Esquerda Unida, esta suba é especialmente grave, xa que se tomamos o tamaño da vivenda como indicador da capacidade económica das familias, o proxecto anunciado polo Goberno Municipal rebaixaría a dita taxa case nun 50% ás vivendas de mais de 150 m2, que son do 30% da poboación con mais recursos mentres que, polo contrario, produciría un aumento para o 70% das familias con menos recursos, que nalgúns casos pode chegar ao 160% de incremento no importe da taxa.

En concreto, as medidas propostas polo actual Alcalde para aumentar a desigualdade social e prexudicar o medio ambiente leva consigo que unha vivenda unifamiliar de 120 m2 pase de pagar 397,02 euros a 399,00 euros, unha de 90 m2 pase de 297,90 euros a 399,00 euros e unha de 60 m2 de 198,60 euros a 399,00 euros (mais do dobre). A todas as vivendas unifamiliares de menos de 120 m2 se lles sube a taxa por conexión, o que supoñen a maioría das vivendas ocupadas de Nigrán.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida de Nigrán, esta proposta pon de manifesto a política fiscal do PP, que consiste en subirlle os impostos a quen menos recursos ten e ao mesmo tempo rebaixarllos a quen mais ten, aumentando así as desigualdades sociais.

Sinala José Cuevas que para Esquerda Unida as taxas e os impostos son unha cuestión de vital importancia para o financiamento dos servizos públicos e como elemento para combater a desigualdade mediante a redistribución da riqueza. Por esta razón, as modificacións das Ordenanzas Fiscais deben ser tratadas dun xeito serio, e non erraticamente, con cambios de criterio, como ocorreu coa taxa de entradas de vehículos, sen electoralismos e medias verdades.

Lembra José Cuevas que durante este mandato o actual Alcalde fixo os maiores aumentos de impostos da historia de Nigrán, que poden chegar a supoñer que moitas  familias cheguen a pagar entre 60 e 70 euros mais que cando Alberto Valverde chegou ao Concello. Por iso, José Cuevas pídelle que deixe de facer electoralismo anunciando rebaixas de tributos que son selectivos, beneficiando especialmente a determinados negocios ou ás persoas con mais recursos económicos.

Por último, Esquerda Unida pide ao Alcalde que retire as modificacións das taxas de conexión que ten previsto levar ao pleno deste mes, tendo en conta que até o ano 2016 non entrarían en vigor ditas modificacións, e que deixe á próxima Corporación que aborde as modificacións das taxas e impostos con rigor, sen demagoxias e medias verdades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: