ESQUERDA UNIDA PROPÓN A JOSÉ CUEVAS PARA ENCABEZAR A CANDIDATURA DE CONVERXENCIA NA QUE PARTICIPARÁ EN NIGRÁN

JOSÉ CUEVASA asemblea local de Esquerda Unida en Nigrán, na que participaron os afiliados e simpatizantes inscritos, elixiu ao actual coordinador local, José Cuevas Raposo, como candidato á alcaldía de Nigrán nas próximas eleccións municipais do mes de maio.

A elección por parte da asemblea de José Cuevas como alcaldable debeuse tanto ao coñecemento que ten do Concello de Nigrán, como por ser a persoa que coordinou o traballo político realizado por Esquerda Unida en Nigrán, nestes catro últimos anos.

José Cuevas Raposo, activista estudantil na súa etapa universitaria, incorporouse a Esquerda Unida hai 4 anos e actualmente participa na plataforma en defensa da sanidade pública.

José Cuevas Raposo, cunha longa experiencia laboral nas administracións públicas é Técnico da Función Administrativa do SERGAS, traballa actualmente como Técnico de Prevención de Riscos Laborais no Hospital Xeral de Vigo.

A José Cuevas tamén se lle encargou establecer contactos con outras forzas políticas, colectivos sociais e persoas independentes, de cara a formar unha candidatura de confluencia sobre as bases programáticas e código ético recentemente presentadas. José Cuevas sería a proposta de Esquerda Unida para encabezar dita candidatura.

ESQUERDA UNIDA DE NIGRÁN PIDE A RETIRADA DA MODIFICACIÓN DE TAXAS DE CONEXIÓN DE SANEAMENTO POR FOMENTAR A DESIGUALDADE SOCIAL E SER PREXUDICIAL PARA O MEDIO AMBIENTE

Esquerda Unida denuncia un maior coste para vivendas de Nigrán que non teñan saneamento e soliciten a súa conexión á rede municipal de saneamento, que pode chegar até o 160%, na taxa de conexión á rede de saneamento, segundo se desprende das declaracións do Alcalde.

Para Esquerda Unida, esta suba é especialmente grave, xa que se tomamos o tamaño da vivenda como indicador da capacidade económica das familias, o proxecto anunciado polo Goberno Municipal rebaixaría a dita taxa case nun 50% ás vivendas de mais de 150 m2, que son do 30% da poboación con mais recursos mentres que, polo contrario, produciría un aumento para o 70% das familias con menos recursos, que nalgúns casos pode chegar ao 160% de incremento no importe da taxa.

En concreto, as medidas propostas polo actual Alcalde para aumentar a desigualdade social e prexudicar o medio ambiente leva consigo que unha vivenda unifamiliar de 120 m2 pase de pagar 397,02 euros a 399,00 euros, unha de 90 m2 pase de 297,90 euros a 399,00 euros e unha de 60 m2 de 198,60 euros a 399,00 euros (mais do dobre). A todas as vivendas unifamiliares de menos de 120 m2 se lles sube a taxa por conexión, o que supoñen a maioría das vivendas ocupadas de Nigrán.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida de Nigrán, esta proposta pon de manifesto a política fiscal do PP, que consiste en subirlle os impostos a quen menos recursos ten e ao mesmo tempo rebaixarllos a quen mais ten, aumentando así as desigualdades sociais.

Sinala José Cuevas que para Esquerda Unida as taxas e os impostos son unha cuestión de vital importancia para o financiamento dos servizos públicos e como elemento para combater a desigualdade mediante a redistribución da riqueza. Por esta razón, as modificacións das Ordenanzas Fiscais deben ser tratadas dun xeito serio, e non erraticamente, con cambios de criterio, como ocorreu coa taxa de entradas de vehículos, sen electoralismos e medias verdades.

Lembra José Cuevas que durante este mandato o actual Alcalde fixo os maiores aumentos de impostos da historia de Nigrán, que poden chegar a supoñer que moitas  familias cheguen a pagar entre 60 e 70 euros mais que cando Alberto Valverde chegou ao Concello. Por iso, José Cuevas pídelle que deixe de facer electoralismo anunciando rebaixas de tributos que son selectivos, beneficiando especialmente a determinados negocios ou ás persoas con mais recursos económicos.

Por último, Esquerda Unida pide ao Alcalde que retire as modificacións das taxas de conexión que ten previsto levar ao pleno deste mes, tendo en conta que até o ano 2016 non entrarían en vigor ditas modificacións, e que deixe á próxima Corporación que aborde as modificacións das taxas e impostos con rigor, sen demagoxias e medias verdades.

PRESENTACIÓN DAS BASES DO PROGRAMA DA CANDIDATURA DE CONVERXENCIA NA QUE PARTICIPARÁ ESQUERDA UNIDA EN NIGRÁN

O próximo sábado día 7 de febreiro ás 20:00 horas, no local da Asociación de Veciños “A Unión” de A Ramallosa, Esquerda Unida fará un acto público no que presentará as bases do programa da candidatura de converxencia na que participará nas próximas eleccións municipais en Nigrán. Para a elaboración do programa Esquerda Unida invita a participar a toda a cidadanía e colectivos sociais como poden ser as asociacións de veciños, organizacións medioambientais, culturales e deportivas, etc.

Para Esquerda Unida o programa é fundamental na elaboración dunha candidatura, xa que deberá ser un acordo coa cidadanía, un compromiso de acción institucional e unha fórmula de control democrático que permita fiscalizar a acción dos representantes da candidatura. É por elo polo que a candidatura de converxencia da que forme parte Esquerda Unida non se limitará a ser unha sopa de siglas ou de persoas, que só estean unidas contra o PP e o PSOE, se non que terá que basearse no proxecto para Nigrán que se queira levar a cabo. A candidatura de converxencia deberá formar un equipo de traballo sólido e homoxéneo, aínda que integrando diversas sensibilidades políticas, colectivos sociais e persoas independentes.

No acto tamén se fará un balance do goberno municipal e a oposición nesta lexislatura, con especial referencia a actividade realizada por Esquerda Unida.

A %d blogueros les gusta esto: