Para Esquerda Unida , a acusación que nos fai ao alcalde de Nigrán dunha “estratexia para entorpecer a posta en vigor do orzamento”, mostra a forma de entender a democracia do alcalde e do Partido Popular, xa que para eles, o exercicio de dereitos por parte da cidadanía é un problema para levar a cabo a súa xestión. Esquerda Unida lle pide ao Alcalde que asuma as súas responsabilidades por ter aprobado inicialmente e envíado o anuncio de aprobación inicial do orzamento tan tarde.
Esquerda Unida ten, e sempre terá unha actitude construtiva, como o proban a asunción por parte do pleno do concello dalgunhas das nosas propostas durante estes tres anos, nos que estamos a construir un programa alternativo en Nigrán. Concretamente e sobre os orzamentos, xa na primavera do ano 2014, e durante a tramitación dos orzamentos do ano 2014, Esquerda Unida lle remitira ao alcalde de Nigrán un escrito anunciándolle que ía a presentar catro das seis alegacións presentadas, polo que para o Alcalde non debería ser unha sorpresa que as tiveramos presentado, especialmente cando se presentan en tempo e forma, cumprindo a lei, por parte da nosa organización.
José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, puntualiza que non se presentaron antes as reclamacións, ante o incumprimento da lexislación en materia de transparencia e publicidade da actividade administrativa por parte do concello de Nigrán, o que dificulta a súa elaboración.
Filed under: Noticias |
Deixar unha resposta